Facebook Twitter Google +1     Admin

BERNARDINO GRAÑA, O POETA DO MAR EN ZARAGOZA

20060210105516-bernardino.jpg

LITO, O FUTBOLISTA LIBREIRO DE CANGAS DO MORRAZO

 

[Maraxe

Onte presentamos o libro de conversas de Bernardino en Maraxe. O acto foi moi bonito, sobre todo polo moito que contou o noso grande poeta do mar dos seus anos máis mozos, desde o seu intento de embarcar coma polisón coa pretensión de chegar a Venezuela ata as súas peripecias nos xantares dos bares de estraperlo en Vigo. Bernardino amosouse lucidísimo e agarimoso con todos os seus veciños, que ateigaron o local.
O libreiro de Maraxe é Lito, o que fora dianteiro centro daquel inesquecible "Celta galego" de Costas, Manolo e Villar. O traballo deste libreiro futbolista demostra que aínda é posible concibir a libraría como un espazo comercial e, ao tempo, referente cultural e punto de encontro dunha comunidade. Cun fondo moi digno, espazos especializados en literatura galega e para os pequenos e, sobre todo, moita iniciativa cultural Maraxe é hoxe o referente do libro no Morrazo. Beizóns para este libreiro fantasía!!!]

Este é o artigo que publica Manolo Bragado, editor de xerais, no seu blog bretemas.blogspot.com. O Celta, ainda que eu son coruñés, foi un equipa da miña infancia tamén. Acórdome ben de xogadores como Bermúdez, Pedrito, Manolo, Domínguez, Costas, Rivera, Villar, Lezcano, Doblas, Rodilla, Juan, Santiago Castro, Jiménez, Sanromán, máis adiante Manuel Fernández Amado, galego de Ferrol... Pero tamén sospeito de que o Bernardino do que fala non é outro que Bernardino Graña,autor de moitos libros, pero dun magnífico: "Profecía do mar". Bernardino foi profesor de Instituto en Zaragoza,donde viviu varios anos.Tiña moi bon recordo da cidade. E como bon mariño, paréceme que unha vez faloume de paixóns felices aquí.

 

*A foto é de Bernardino Graña, mariñeiro romántico y poeta. 

10/02/2006 10:51 Antón Castro Enlace permanente. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.comAutor: bretemas

Grazas, Antón. Efectivamente Lito, o libreiro futbolista, pertencía a aquel equipo memorable do primeiro Celta europeo (chegou a xogar unha eliminatoria co Aberdeen escocés). Son un grande admirador do teu blog, tanto das crónicas de fútbol como dos comentarios literarios (á fin de contas todo é cultura). Parabéns pola goleada. A verdade é que tedes un equipo que executa como poucos a fantasía da serpe. Abrazos de Manolo.

Fecha: 10/02/2006 17:00.


Autor: De A.C.

Querido Manolo:

Grazas a ti polas túas visitas e por falar tamén do Celta. Eu son un raro deportivista que tamén lle quere moito o Celta. E por suposto ó Zaragoza. Alégrome moito pola estupenda traxectoria de Xerais, na que editei hai algúns anos "A lenda da cidade asolagada".
Espero con degaro o libro de Xoán Abeleira sobre Man e o seu mundo. Unha aperta.

Por certo, que o Celta tamén fixo un magnífico fútbol hai catro ou cinco anos con Mazinho, Mostovoi, o israelí... Volveu estar en Europa.

Fecha: 10/02/2006 18:34.


Autor: A. C.

No partido de Balaídos o Celta formou con: Gost, Pedrito, Domínguez, Hidalgo, Manolo, Rivera, Lezcano, Juan II, Rodilla e Jiménez. Neste equipa faltaba un: ¿era Santiago Castro, Lito, o propio Villar?

O Celta perdera na casa por 0-2, y volvera perder en Aberdeen por 1-0. Ninguén é perfecto, nin Juanito Arza, que me parece que era o adestrador. Unha aperta para Vigo.

Fecha: 12/02/2006 12:12.


Añadir un comentario



No será mostrado.

(opcional)



Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris