Blogia
Antón Castro

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ CÁCCAMO:UNHA CONVERSA SOBRE O PAI

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ  CÁCCAMO:UNHA CONVERSA SOBRE O PAI

[Xosé María Álvarez Blázquez foi escollido pola Academia das Letras Galegas para protagonizar o vindeiro Días das Letras Galegas en 2008. O seu fillo Pepe Cáccamo, poeta, profesor e  artista de collages e de museus mínimos, faloume moitas veces deste dinamizador cultural, a través de editoriais como Monterrei, Castrelos e dos seus propios versos. O pasado seis de xullo, o xornalista Xan Carballa, en “El país de Galicia”, conversaba co escritor encol do seu pai. Recollo aquí a entrevista, tan interesante e proveitosa. E envíolle unha aperta a Pepe Cáccamo, con quen paseei tantas veces por Vigo e Zaragoza mentras recordabamos a súa parentela.] 

ENTREVISTA:
Xosé María Álvarez Cáccamo
Por Xan Carballa

"Meu pai era un curioso absoluto, un activista cultural"   

O recén elexido pola Academia Galega para protagonizar o Día das Letras de 2008, Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915-Vigo, 1985), é un dos elos da estirpe literaria e artística que arrinca co seu avó Emilio Álvarez Giménez, segue co seu tío Xerardo Álvarez Limeses e se prolonga hoxe nos seus fillos Alfonso, Celso e Xosé María Álvarez Cáccamo, con pólas familiares diversas nas artes plásticas. Xosé María é quen nos destece parte da biografía do polifacético Álvarez Blázquez, que ao seu labor como escritor sumou un intenso traballo de editor á fronte das Edicións Castrelos, que contaban no seu catálogo nos anos finais do franquismo coa popularísima colección O Moucho.

Pregunta. A relación de Xosé María Álvarez Blázquez con Tui é central por dramáticas razóns familiares, alí viven cando en outubro de 1936 os sublevados fusilan a seu pai o doutor Darío Álvarez Limeses, e finalmente todos teñen que marchar.
Resposta. Alí vivía a familia e despois de matar ao avó a vida en Tui fáiselles moi dura, pola memoria do que acontecera e porque tamén se sentían algo acosados. Daquela hai un militar cabrón que os visita ás noites para tomar café e 'consolalos'. Isto quizais é anecdótico, pero o certo é que o clima fascista na vila é moi intenso e facíaselles irrespirábel. Papá non quixo nunca volver e só o fixo de visita nos anos 80 porque tiñan unha casa alí os meus tíos Darío e Carmiña. A memoria de Tui producíalles tristura e andaban pola rúa os mesmos que levaran o pai á morte. Casualidades: o día que, morto Franco, se fixo en Tui unha das primeiras homenaxes no Estado ás vítimas da represión, enterraban tamén a un dos delatores.

P. Tui será un dos centros da homenaxe do 17 de maio de 2008, cumprirase ao final unha sorte de xustiza poética?
R. En certa medida porque aínda en Tui permanece moita oposición á restauración da memoria histórica e toda aquela dor vai reaparecer dalgún xeito e nalgún discurso. Pero tamén en Vigo, onde viviu a maior parte da vida e era cronista oficial da cidade, haberá actos.

P. Seu pai era poeta e novelista, con obra tamén en castelán, pero ademais era libreiro, editor de éxito, investigador e iso que tanto parece doutra época, un polígrafo erudito. Que destacaría na homenaxe?
R. Cuantitativamente dedicouse máis á narrativa que á poesía, e maiormente en castelán até unha certa altura da vida, con catro novelas, unha delas En el pueblo hay caras nuevas finalista do primeiro Premio Nadal, o que gañou en 1945 Nada de Carmen Laforet. Pero eu definiríao como un activista cultural entregado a moitas facetas e que gustaba de todas elas. El dicía que a súa curiosidade abranguía todo: historia, arqueoloxía, estudos literarios, medievais sobre todo, libreiro, editor, coleccionista de amplo espectro... e a todas esas causas se entregaba. Non sabería destacar ningunha porque todas foron por etapas. A de narrador en castelán esgotouse e a de editor tivo dúas fases consecutivas (Monterrey e Castrelos) que apenas lle deixaron tempo para outras arelas que as de investigación. A súa poesía publicada é da década dos 50 e a narrativa en galego é pequena, aínda que algunhas das súas investigacións toman forma de libro na Colección O Moucho, e aparecen con pseudónimo ou de autoría anónima.

P. Monterrey era unha editorial de bibliófilo pero Castrelos foi un auténtico bum editorial dos anos 60, con títulos de auténtico éxito como a edición do Catecismo do Labrego de Lamas Carvajal. Toda a colección O Moucho foi un asombro tamén pola súa diversidade, dos chistes de Quesada ao Retorno a Tagen Ata de Ferrín.
R. Monterrey fíxoa en sociedade con Luís Viñas Cortegoso e era de tiradas moi curtas e edicións exquisitas. Castrelos xa foi a súa editorial, co apoio económico inicial da familia, e desde dúas coleccións Pombal e O Moucho, que era a que tiña vocación popular, con literatura e obras en galego de divulgación. A primeira pedra de Castrelos fóra tamén unha publicación con vocación de gran difusión, os Cuadernos de Arte Gallego. Papá chegara a montar unha rede de ventas fóra dos circuítos dos libros, basicamente polas feiras, nas que colaboraran entre outros un grupo de cregos progresistas.

P. Como era a súa posición no magma cultural galeguista nucleado arredor de Galaxia?
R. El foi fundador de Galaxia pero nada máis, o que participou máis alí foi o seu irmán Emilio. Castrelos era en certa maneira a competencia, e aínda que tiña boas relacións, el sen estar enfrontado non pertencía a ese mundo ideolóxico, non era un 'galáctico', ía por libre.

P. Seu pai é tamén recuperador e editor dun dos grandes libros de memorias do drama do 36, O siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte, a épica fuxida do deputado Antón Alonso Ríos.
R. Nunha viaxe a Bos Aires a dar conferencias, atopouse con Alonso Ríos e aínda que o coñecía de Tui, daquela aínda meu pai era un mozo. Citouse con el en días sucesivos e convenceuno de que escribise aquel caudaloso relato oral. Así foi que un día recibiu o manuscrito que meu pai prologou e anotou coa súa propia investigación sobre o que pasara con tantas persoas que Alonso Ríos citaba desde a outra beira do mar sen saber o destino das súas vidas.

P. Outro libro con sorte esquiva foi a biografía que no ano 80 fixo de Alexandre Bóveda.
R. Bóveda estaba casado cunha curmá súa, Amalia Álvarez Gallego. A biografía encargoulla o Banco do Noroeste no ano 82, dentro dunha colección chamada Hombres que hicieron Galicia pero despois de distribuíla alguén debeu dicir que politicamente non era oportuna, recollérona das librarías e nunca máis se soubo da edición. Un secuestro a posteriori. Anos despois volveuse editar contando toda esa maquinación.
P. No primeiro poemario Poemas de ti e de min aparece seu irmán Emilio como coautor.
R. Está ben distinguido que parte do libro é de cada un, aínda que compartan o mesmo volume. É poesía neotrobadoresca, aínda que tamén cultivou o imaxinismo. Despois sae en 1950 Roseira do teu mencer, libro que lle dedicou á miña irmá María Luísa cando tiña dous aniños. Logo foron Cancioneiro de Monfero (1953) e finalmente publícase en 1976 o derradeiro poemario, Canle segredo, que realmente fora escrito en 1954, e premiado en Bos Aires. Supoño que o tivo nos caixóns máis de vinte anos pensando que ían editalo alá. Daquela o seu tempo de escritor de poesía está concentrado nun período de pouco tempo, cando menos agrupada para editar porque despois hai poemas soltos, que xa os recollemos nunha edición completa da súa obra poética de 1987, en Xerais. Agora quizais haxa que revisala máis a fondo, aínda que sempre seguindo un criterio de calidade, porque non creo que teña que publicarse todo sen máis. Os inéditos dun autor teñen que peneirarse, porque os poemas malos non supoñen ningunha contribución literaria. Mesmo apareceron uns poemas escritos en castelán durante os tres ingresos na UVI que tivo antes de morrer en 1985.

P. A prosa en galego é menor?
R. De creación temos A pega rabilonga de 1971 pero habería que meter moitos textos de investigación. O seu discurso de ingreso (Cantares e romances vellos prosificados) na Academia fíxoo sobre unha das súas preocupacións maiores que era recuperar a historia literaria dos denominados séculos escuros.

P. Cando se fala de xeitos de renovar o Día das Letras aparece tamén en certos sectores unha crítica ao que chegan a chamar tanatocracia da cultura galega. Pero todas as literaturas homenaxean aos seus devanceiros e necesitan coñecer o seu substrato.
R. O Día das Letras nace en 1963 por unha necesidade política de facer visíbel para toda a sociedade unha literatura achantada e que hoxe segue ameazada. Esas liturxias que seguimos utilizando no mundo do galeguismo e da cultura en xeral son consecuencia desa necesidade de ter presenza social e ao meu xuízo segue a ser útil. Se o formato era recuperar figuras do pasado é lóxico que se sexan autores xa desaparecidos os recoñecidos. Homenaxear escritores vivos é compatíbel e pódese facer doutros moitos xeitos. Quizais a celebración poda matizarse. A min paréceme que a teima en facer sempre unha biografía está ben, pero hai anos que por razóns editoriais chegan a publicarse varias, o que non semella un esforzo con moito sentido e diso non ten culpa a Academia. Quizais os actos máis litúrxicos e de presenza pública poidan facerse máis atractivos. 

12 comentarios

pene -

frikis galleguistas de mierda

polla -

cabrones

victoria -

canto antes me respondades mellor e que o necesito para facer un traballo

victoria -

alguen me pode dicir cales eran as facetas de xose maria alvarez blazquez,ademais da de escritor??

jose -

alguien me puede decir como buscar la obra cancioneiro de monfero de este señor

gracias

estevan -

soi tonto y un marica me gustan los pokemonme gustan las barbies

Aarón y Álvaro -

alguen nos prodria decir algun poema de este hombre
levamos 2 horas buscando...
e non encontramos nada ):

fgtc -

dftyjxiu6rs

chikilicuatre seeee(H) ;D -

AMAMOS GALICIA CON TODO O NOSO CORAZON, TODA A NOSA ALMA, TODOS OS NOSOS SENTIDOS,TODOS OS NOSOS PELOS, PORQUE GALICIA É............................................................................¿QUÉ É GALICIA? ULTIMAMENTE E NOS ULTIMOS ANOS A XENTE NON FALA GALEGO NUNCA SO NAS ALDEUCHAS E NOS PUEBLUCHOS E OS QUEREMOS DICIR QUE TEMOS QUE FALAR GALEGO SI SI SI SI SI SI EMMMMS NO ¬¬

carlos ochoa -

jijijejejejijijejejeje cabrones jijijajajujujujejejejejejijij me encanta el chocolate y sois mas tontos q una vaca en brazos. q tontos!!! jajajaja muajajajajaja muaaaaaaaaaaaaaaaaaajajajajaja q tonto el q escribió esta web. q feo es, seuro q es mas feo q un imbecil con cara de pedo

carlos ochoa -

sois uns cabrons e uns cabezas buque e uns caquitas

ramon -

ghjvjftg