Facebook Twitter Google +1     Admin

PEPE CÁCCAMO FALA COA LÚA

20111101115933-caccamoo-20alfabeto-20da-20l-c3-9aa-202010.jpg

PEPE CÁCCAMO COMPÓN O SEU ‘ALFABETO DA LÚA’

Pepe Cáccamo é un dos meus grandes amigos de Galiza. Foi atleta na súa mocidade. Un grande poeta, memorialista, escritor de textos infantis, pero ademais fai, á maneira de Joan Brossa ou Chema Madoz ou os surrealistas, poesía cos obxetos. Vive frente á illa de San Simón, no mar de Vigo, onde Cunqueiro, o noso mestre, ouvía cantar a serea. Vive nunha casa de arquitectura de vangarda con Beatriz, Pedro e Antón, case no medio dos boscos, nun deses lugares onde a lúa se senta de noite a ler. Ás veces le ó grande poeta pontevedrés Lois Amado Carballo, autor de dous únicos poemarios: ‘O Galo’ e ‘Proel’. Amado Carballo, salvadas as distancias, é o Lorca galego. Escribía poesía panteísta, animista, de vangarda, con forma clásica, de romance e cantiga. Pepe Cáccamo fixo este ‘Alfabeto da Lúa’ sobre o seu poema dedicado a esa criatura nocturna que ás veces se fai chamar Margarita ou Margarida.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.



Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris