Blogia
Antón Castro

GALICIA: A VIDA E A PAISAJE A ARDER

GALICIA: A VIDA E A PAISAJE A ARDER

Chamo  a Pepe Cáccamo a Galicia. Vive nas aforas de Vigo, en  Vilaboa, fronta á illa de San Simón, nun paradiso entre piñeirais e un fermoso mar de lenda. O lume non chegou á súa casa: xa sofriu hai unha década unha queima como a de agora. Pepe, como toda a xente de Galicia, anda desnortada. Que pasa, quen se volveu un tolo, quen despreza así a natureza, a paisaxe, a vida. Barállanse distintas conxeturas: se é unha vinga dos perdedores das eleccións, se é unha mafia detrás da que andan moitos intereses inmobiliarios e tamén das celulosas, ou mesmo dos labregos. Como é posible que cadran tanta desfeita á vez? 153 incendios se contabilizaban onte pola noite en Galicia. Máis de 60 estaban atallados, pero había perto de 80 incontrolados. Escoitas a xente e quedas pampo: escoitei a un paisano de Padrón que dicía que ata se lle queimaran ata os pementos de Padrón, eses que pican de cando en cando, eses que convidan a comer con bon pan e mesto viño. Galicia ten o corazón fendido polo labaredas, e que magoa, como me dicía onte Ánxel Guinda, que as nosas bágoas, o noso desespero húmido, non sirva para apagar para  sempre o lume. Dise que hai desorganización, que no se actuou a tempo: estou seguro, pero é ben gracioso que se empregue este argumento para atacar a Zapatero ou Touriño e non para rexeitar esta posta en perigo de vidas. 

Pepe Cáccamo, que ven de publicar un intenso libro: “Memoria de poeta” (Galaxia), díxome que teñen as fiestras pechadas porque a cinza e as moxicas queren meterse para adentro. Na piscina portátil dos cativos, unha tona negra de cinza aboia na superficie. É a tebra da sinrazón.

*Tomo esta impresionante foto da páxina riadenoia.com que ten unhas fotos impresionantes e a vez contidas sobre os incendios.

4 comentarios

víctor -

Conozco algunos gallegos. Gentes de bien.
En Galicia nadie se rinde.
Ni por el fuego, ni por nada

Cide -

Ayer hablé con una amiga conquense que volvía de hacer el "camino inglés". Me dijo que daba mucha tristeza ver un incendio, andar 5 kilómetros y ver otro. Que incluso la gente de Galicia no estaba tan amable como otras veces, que en muchos pueblos los bares y los albergues estaban llenos de gente en silencio que se alteraban cuando se les dirigía la palabra. El fuego está quemando algo más que simples árboles, está quemando la vida de una tierra.

Fernando Sarria -

Para mí los árboles son como personas silenciosas que nos miran desde sus copas...si hablaran!, no puedo ver nada que hable de incendios en los bosques y menos cuando encima son tan claramente intencionados....entre mi mujer y yo, cuando vamos a la costa catalana vemos a la altura casi de Lerida una gran "chopera" que va cambiando a lo largo de las estaciones y aunque es una explotación forestal para nosotros no deja de ser nuestra arboleda perdida...
como dice bien Victor, Requiem
por Galicía.

Victor Rebullida -

El martes incluí un breve comentario en mi blog sobre lo que se está viviendo en Galicia ya desde hace bastantes años. Lo acompañé con una fotografía impactante de un fuego tras las casas. Ese podría ser cualquier pueblo de Galicia.
Yo mismo he vivido una situación similar en Camariñas.

Parafraseando la canción de Julio Iglesias: "Un canto a Galicia", diremos "Un réquiem a Galicia"

http://victorrebullida.blogia.com/2006/080804-galicia-en-llamas.php