GALICIA: A VIDA E A PAISAJE A ARDER
Chamo a Pepe Cáccamo a Galicia. Vive nas aforas de Vigo, en Vilaboa, fronta á illa de San Simón, nun paradiso entre piñeirais e un fermoso mar de lenda. O lume non chegou á súa casa: xa sofriu hai unha década unha queima como a de agora. Pepe, como toda a xente de Galicia, anda desnortada. Que pasa, quen se volveu un tolo, quen despreza así a natureza, a paisaxe, a vida. Barállanse distintas conxeturas: se é unha vinga dos perdedores das eleccións, se é unha mafia detrás da que andan moitos intereses inmobiliarios e tamén das celulosas, ou mesmo dos labregos. Como é posible que cadran tanta desfeita á vez? 153 incendios se contabilizaban onte pola noite en Galicia. Máis de 60 estaban atallados, pero había perto de 80 incontrolados. Escoitas a xente e quedas pampo: escoitei a un paisano de Padrón que dicía que ata se lle queimaran ata os pementos de Padrón, eses que pican de cando en cando, eses que convidan a comer con bon pan e mesto viño. Galicia ten o corazón fendido polo labaredas, e que magoa, como me dicía onte Ánxel Guinda, que as nosas bágoas, o noso desespero húmido, non sirva para apagar para sempre o lume. Dise que hai desorganización, que no se actuou a tempo: estou seguro, pero é ben gracioso que se empregue este argumento para atacar a Zapatero ou Touriño e non para rexeitar esta posta en perigo de vidas.
Pepe Cáccamo, que ven de publicar un intenso libro: “Memoria de poeta” (Galaxia), díxome que teñen as fiestras pechadas porque a cinza e as moxicas queren meterse para adentro. Na piscina portátil dos cativos, unha tona negra de cinza aboia na superficie. É a tebra da sinrazón.
*Tomo esta impresionante foto da páxina riadenoia.com que ten unhas fotos impresionantes e a vez contidas sobre os incendios.
4 comentarios
víctor -
En Galicia nadie se rinde.
Ni por el fuego, ni por nada
Cide -
Fernando Sarria -
como dice bien Victor, Requiem
por Galicía.
Victor Rebullida -
Yo mismo he vivido una situación similar en Camariñas.
Parafraseando la canción de Julio Iglesias: "Un canto a Galicia", diremos "Un réquiem a Galicia"
http://victorrebullida.blogia.com/2006/080804-galicia-en-llamas.php