PRAGA: UN POEMA DE GUSTAVO PEAGUDA
[Onte estiven en Huesca pola tarde e cheguei ben entrada a madrugada. Perto das dúas da mañá. Non puiden pendurar aquí este poema que me envía o noso amigo en Compostela Gustavo Peaguda: poeta e abogado e camiñante polas rúas ateigadas de paxaros e de camelias en sombra. A foto, tomada en Praga este mesmo mes de Santiago, fíxoa María. Simplemente María, sospeito que o seu doce amor; ao final teño que retirar esta toma porque escangalla a páxina. As miñas excusas para María e Gustavo. Milan Svoboda é un músico checo. Di textualmente Gustavo:]
Nas pasadas vacacions os meus pes camiñaron polas ruas de Praga. Facía mais de once anos que non visitaba a cidade. Na miña libreta, que tiña na sua primeira folla unha cita de John Banville “hai tantas Pragas como miradas”, anotei:
SPRING SONG
E cando chegamos a Praga
aínda unha interminable fila de coches
pasaba pola ponte.
A vida non é mais que un ir e vir de coches
unhos versos soltos de Holan,
os teus bicos de doce morneza
e as notas de Spring Song
que fuxen do piano de Svoboda.
0 comentarios