Blogia
Antón Castro

BENITA: OUTRA MULLER DE PACHECO

BENITA: OUTRA MULLER DE PACHECO

Esta tarde, desde as terras da Patagonia en Chile, Beatriz Rodríguez, mestra de inglés e soñadora de poemas e imaxes, galega polo mundo, envíame esta evocadora foto da súa aboa paterna: Benita Reimúndez, tomada por Pacheco en Vigo. É un retrato estupendo, da calidade e da forza dos do libro. Podería figurar nel perfectamente…

Beatriz Rodríguez ten un estupendo blogue:

http://sureando-sureando.blogspot.com.

Hai rescate familiar, anacos de corazón, moita poesía a cotío e unha colección sempre sorprendente de pintura. Case sempre pintura figurativa, reloucante de cor e poboada polas mulleres. Beatriz é unha criatura sensible, coa memoria habitada pola palabra e a imaxe.

0 comentarios