Blogia
Antón Castro

MANUEL PEREIRA: UNHA FELICITACIÓN PARA O ZARAGOZA

MANUEL PEREIRA: UNHA FELICITACIÓN PARA O ZARAGOZA

O poeta e narrador Manuel Pereira, con moitos amigos en Zaragoza, onde morou algúns anos, escríbeme esta nota nesta mañanciña de felicidade. Aí está: é unha felicitación para moitos zaragocistas e aragoneses e xente espallada polo mundo que ama as cores, a tradición, o xogo e os nomes dos herois de sempre do Real Zaragoza, moitos deles galegos, por certo: Rodolfo, Wilson, Cortizo, Reija, Marcelino ou Fontenla, con quen vin onte o partido. Parecía un director de xogo: colocaba aos xogadores todo o tempo. Di Manuel Pereira, seguidor do Pontevedra do “Hai que roelo”, aquel Irulegui, Batalla, Cholo, Plaza, Odriozola, Fuertes, Martín Esperanza, Neme…:

 

 

Felicidades polo ascenso do Zaragoza. Eu alégrome tamén porque teño un anaquiño zaragocista no meu corazón granate (daquel Pontevedra...). Cando vivía en Zaragoza, o colexio case estaba enfronte da Romareda e aínda resoan en mín as celebracións de cada gol polas gradas cheas de afeccionados.

 

Recordo o entrar a ver os derradeiros dez minutos algunhas tardes. E, quitando algunha ocasión na Estrada de pequeno, a única vez que fun a un partido de fútbol foi aí para ver un Zaragoza-Pontevedra, xa este en decadencia. Gañaran os locais por 4-3.

 

A miña felicidade os meus parabéns e unha aperta grande,

 

Manuel Pereira.

 

A foto é de José Antonio Melendo, que volveu vivir unha xeira inesquecible. Ewerthon acaba de marcar e corre ao fundo, onde celebraba os seus tantos Arrúa, para saludar a parroquia de aficionados.

 

 

0 comentarios