CUERPOS EN LA PLAYA 4 / DAVE AHARONIAN
[Ese amigo entrevisto baixo a chuvia de Santiago, unha das cidades que máis me gostan, unha das máis mitificadas por min, Gustavo Peaguda, envíame unha foto do Mediterráneo en calma e estes poemas. Sigo coas miñas teimas de verán (“Os corpos da praia”), e os poemas son seus, do poeta ourensán que soña e traballa en Santiago. Aquí va un homenaje a don Rijoso, que ha vuelto a visitar estas páginas.]
DÚBIDA
¿ É
a
soidade
un
xogo
perverso
do
tempo
das
tebras
desterradas?
A INDIFERENCIA
“ Hai posibilidades para min, sen dúbida,
pero baixo que pedra están agachadas?”
Franz Kafka
Os meus versos imprevistos
son atropelados pola indiferencia
dos teus ollos acostumados
a poemas de mármore.
Santiago de Compostela 03/01/2007
AGIOS NIKOLAOS
Quen leva posta a máscara cada mañá no verán do liño?
O poeta resucitado dos cálculos do tempo?
O home do selo vermello na fronte?
Ou ti porque ninguén te ve nas augas caladas de Agios Nikolaos?
E ninguén sabe
e pregunta por que.
Agios Nikolaos 13/07/2007
AQUELA BUCINA
e aquela bucina túa onde resoará o Exeo
levámola para o reino de chuvia de palabras e bágoas
para lembrar que só hai que coñecer
a noite que só é noite.
Agios Nikolaos 13/07/2007
0 comentarios