Blogia
Antón Castro

JOHNNY GRIFFIN, por GUSTAVO PEAGUDA

JOHNNY GRIFFIN, por GUSTAVO PEAGUDA

 

[Llego a casa tras un par de días en Ejulve, estuve en el Carrasca Rock y me encantaron, entre otros (no voy a descubrir ahora a Los Gandules: todo el mundo se sabe sus canciones), el grupo China Chana. Y me encuentro con este correo del poeta y abogado de Ourente Gustavo Peaguda. Gustavo tenlle lei a este blog.]

 

 

Fai unhos días o escritor Antonio Muñoz Molina lembraba a figura do recentemente falecido Johnny Griffin. Para min este nome vai unido o meu descubrimento do Jazz. Cando tivo lugar esto? A esta pregunta xa case podo responder con aquel verso do poeta Jaime Gil de Biedma  Ahora que de casi todo hace ya 20 años..".. Eu tiña dezaoito anos e acaba de comezar os meus estudios de dereito. A musica que escoltaba por aquel tempo era a que fixeran aqueles xovenes dos anos 60. Os Small Faces.. Os The Who. Os Stones. Maís tiña un amigo que vivía preto da miña casa na rúa na que o sol nunca sae que cando ía a súa casa ensinabame a súa colección de vinilos de jazz. Estusiasmabase con aqueles nomes. Miles Davis. Charlie Parker. Dizzy Gillespie. Un día este amigo díxome se quería ir a un concerto o Café Latino. Aceptei a invitación . O concerto era dun home xa maior para unhos ollos de dezaoito anos  e que encaixaba na descrición que fixera Joseph Roth dos músicos xudeus “Os  músicos son moi pobres porque viven das alegrías alleas”. O concerto que escoitei  en aquela noite de Ourense  foi do saxofonista Johnny Griffin. Así comezou a miña paixón polo jazz e que anos mais tarde fixo xurdir unhos versos que apuntei no meu caderno de poeta imprevisto e que agora dedico a memoria daquel saxofonista que visitou xa fai moito tempo Ourense .

 

JAZZ NO LATINO

“Luz morna sobre ás mesas”

                            Lansgton Huhges

                            “ SOIO DE TROMPETA CON SOIDO

                            MANIFESTAMENTE SUICIDA”

                            A. Pexegueiro

Pouca luz,

vasos cheos de soños e xeo sobre ás mesas de mármore,

risas e saudades contaxiosas de candidatos o suicidio

que adoran a poesía de Costafreda,

promesas incumpridas por viaxantes da soidade,

bicos aprazados por constructores de pirámides de acontecementos,

bagoas pola ausencia de amor nas meixelas dos que fan xirar a roda estatal,

bicos suspendidos no aire coma notas do piano

de Hancock  na fría noite do catro de outubro en Estolcomo,

mentres o jazzmen busca no ceo os mortos polo jazz.

A Coltrane.

A Montoliu.

A Gillespie.

A Davis .

A Thelenius Monk.

A Sonny Rollins.

E nos aínda pensamos que o Village Vanguard non esta en Nova York

senón en Ourense que non é unha  enorme metáfora. do reino de Mánoa

senón que sigue sendo a Auria  de Blanco Amor

e dos poetas e bispos camiñantes nás frías noites de inverno

nás que baila  a lúa dos mortos ca túa sombra de mal poeta.

Respiramos o mito entre fume de tabaco!.

 

 

0 comentarios