'DER ROTE JOSEPH' DE GUSTAVO PEAGUDA
'DER ROTE JOSEPH'
Conto de Gustavo PEAGUDA
A miña nai un día mandoume que dunha vez colocará nos andeis da biblioteca familiar os libros que había polo chan do meu cuarto.Como son un fillo cumpridor cos mandatos da miña nai, comecei a coller os volumes. Arte de ser portugués. Antoloxía dos sesenta anos. Os pobres de deus. As tres columnas, Cadernos. Psicopatoloxia do retorno. E moitos máis. Pero dos cadernos de Paul Valery saía unha folla dun xornal. Saqueina do libro. Era unha carta ao director do xornal La Region do día vintedous de xuño de mil novecentos setenta e catro (por certo, o día en que eu nacín) que dicía:
Se o hospital estivera aberto só polas mañas durante tres meses, que sucedería? Se a policía traballará só polas mañas durante tres meses, que sucedería? Se houbera auga e luz só polas mañas durante tres meses que sucedería? Se os supermercados e bares estiveran abertos só polas mañas durante tres meses, que sucedería? Se as fabricas e os traballadores da construcción só traballaran polas mañas durante tres meses, qué sucedería? Se os curas dirán misa só polas mañas durante tres meses, que sucedería?
Se as farmacias estiveran abertas só polas mañas durante tres meses que sucedería?
Se os bombeiros apagaran só lumes polas mañas durante tres meses, que sucedería?
A biblioteca publica de Ourense nos meses de verán durante tres meses só abre polas mañás.
Que sucede? Nada a fin do cabo só son libros.
A carta estaba asinada por un tal Der rote Joseph.
*O escritor ourensano, con parada e fonda en Santiago de Compostela, Gustago Peaguda envíame este conto e pídeme que o ilustre con este cadro tan famoso de Carl Spitzweg, ‘Der Bucherwurm’.
0 comentarios