Facebook Twitter Google +1     Admin

"O VARREDOR EN OUTONO". POEMA DE XOÁN ABELEIRA

20081103094253-varredoretanzos-1ab.jpg

[O poeta e traductor Xoán Abeleira envíame este poema que aparece hoxe en La Opinión de A Coruña. A fotografía corresponde a un empleado de basuras de Betanzos, llamado “O Chao”. Creo que é o poeta vigués Manuel Forcadela, profesor e narrador, que ten un título semellante: O barredor en outono. Sospeito que o título do poema de Abeleira é unha homenaxe.]

 

 

O VARREDOR EN OUTONO

 

As desgrazas choven
Coma follas é ben certo
Que endexamais chegan soas
Senón acompañadas doutras
Múltiples mágoas

Ises lampexos

Pálido
Marelo

Pálido
Bruno

Pálido
Vermello

Incontables dós

E eu véxoas
Caeren sen remedio

Anonadado aniquilado
Su iste cachón
De laios arreo
Que hoxe tamén e tamén
Mañá haberei de apañar

Por toda a Humanidade

 


NOTA: A foto -retocada- que figura canda iste poema de meu atopeina en internet. Seica o home que se ve nela foi un célebre varredor de Betanzos coñecido coma "O Chao". Honor a il e ós que traballan coma il, a apañaren cadora tantísimos refugos da nosa Historia.

 

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.



Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris