UNA BIBLIOTECA MUNICIPAL EN MEICENDE
Mañana, 23 de abril, en Meicende, una localidad próxima a A Coruña, le ponen mi nombre a la biblioteca municipal. Meicende pertenece al Ayuntamiento de Arteixo, y tiene una población próxima a los 4.000 habitantes. La actual biblioteca se halla instalada en el Colegio San José Obrero, pero el nuevo edificio estará para dentro de año y medio. Otros cuatro escritores darán nombres a las bibliotecas: la de mi pueblo Arteixo recibirá el nombre de Henrique Rabuñal, que ha desplegado una intensa actividad desde hace más de veinte años; la de Pastoriza recibirá el nombre de Miguel Sande; la de O Froxel, el de Dora Vázquez y la de Oseiro el de Francisco Vidal.
MEICENDE E O TERRITORIO DO SOÑO
A primeira imaxe que teño de Meicende é a da presa chea de gaivotas a calquera hora. Sempre quixen escribir un conto que sucedese alí, un conto con peixes, navegantes e sereas.
Máis tarde, o nome de Meicende impuxóseme vencellado ó fútbol. Cando eramos nenos viviamos o fútbol modesto cunha aureola mítica, coa épica dos días de chuvia e de lama. Non só distingo a camiseta branca e roxa do clube, senón o seu impresionante campo.
E mais logo, durante cinco anos ininterrumpidos, pasei todos os días por Meicende e namorisqueime dunha rapaza loira que me facía recordar a Françoise Sagan. Subía e baixaba alí. Quizais se chamase Sabela; eu, que a quería só para min e que nunca lle dixen nada, chamábaa ‘Miss Meicende’. Despois, cando empezaba a ser escritor e xornalista en Zaragoza, recibín fermosas cartas desde aquí: Antonio Couceiro intentaba alimentar os degaros dun galego novo no desterro. Despois, a poeta Emma Couceiro, a súa filla, tamén me mandou os seus poemas. Traían o arrecendo da presa e da herba mollada de Meicende.
Unha das formas máis perfectas de residencia na Terrá é unha biblioteca: é unha casa enmeigada, o territorio do soño, o tobo das palabras e o mar das emocións compartidas desde a orixe do mundo cos lectores e cos escritores irmáns como Enrique Rabuñal, Miguel Sande, Dora Vázquez... Como os outros pobos, Meicende ten unha casa con libros, un espacio de luz contra a tebra. Síntome moi feliz por este acto de infinita xenerosidade do Axuntamento de Arteixo, de Xosé Luis Alonso e de todos vostedes. Sempre pensei que unha das moradas máis seguras era unha biblioteca. E aínda máis: unha biblioteca en Galicia.
3 comentarios
Angéline -
Magda -
Lo celebro mucho.
Inés -
Es un reconocimiento a su trabajo.